Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2024

SAMAGOSTÍN NO CARBALLAL

Imagen
  Aproveitando a celebración do Samaín e do magosto celebramos o " Samagostín ",un roteiro polo monte á beira do colexio. Coa axuda de toda a comunidade educativa fíxose posible a preparación do terreo,as probas e finalmente o asado das castañas. Para rematar a actividade tivemos á asociación O Coto que se encargou da parte musical. Premendo na imaxe podedes ver toda a actividade .

ESTE ANO SOMOS.....COCIÑEIR@S

Imagen
Este ano no cole imos realizar diferentes obradoiros ao longo do curso e para comezar imos ser...COCIÑEIROS E COCIÑEIRAS!!!! Estade atentos/as para coñecer o noso produto final.

PRIMEIRO TALLER DO HORTO

Imagen
  Como o tempo non nos deixou traballar no bancal das aromáticas fixemos coa asociación  Xaruma un talller onde sementamos legumes e flores de outono. Pasámolo moi ben!!!!

SAÍDA AO MONTE

Imagen
  O pasado 1 de outubro o alumnado de Infantil saíu ao monte para limpalo e de paso recolleron landras,ourizos, follas, castañas...     

CALENDARIO DOS DÍAS DE TRABALLO NO HORTO

Imagen
Este ano imos traballar no horto dunha maneira máis sistemática. Todo o alumnado pasará, polo menos, un día ao mes polo horto para limpar os bancais, sementar e plantar variedades da época, así como facer talleres impartidos por Xaruma. Este é o calendario para todo o ano.  

COMEZAMOS UNHA AVENTURA

Imagen
Este ano o noso cole comeza unha aventura co programa de educación medioambiental VOZ NATURA , desenvolto pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre desde o curso 1997/1998. O seu obxectivo é concienciar e implicar á comunidade escolar na recuperación e defensa da natureza. Como cada curso, Voz Natura seleccionou un tema central. Nesta edición, darase protagonismo ás actividades relacionadas co coñecemento e uso da ciencia e o método científico para protexer o medio ambiente. Proponse a realización de estudos e investigacións científicas e accións directas sobre o medio destinadas a resolver problemas ambientais nos nosos ecosistemas, preservar a nosa empobrecida biodiversidade, loitar contra o cambio climático, evitar a destrución de hábitats e usar as ferramentas da ciencia para preservar os nosos ríos, montes e praias.