Este ano o noso cole comeza unha aventura co programa de educación medioambiental VOZ NATURA , desenvolto pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre desde o curso 1997/1998. O seu obxectivo é concienciar e implicar á comunidade escolar na recuperación e defensa da natureza. Como cada curso, Voz Natura seleccionou un tema central. Nesta edición, darase protagonismo ás actividades relacionadas co coñecemento e uso da ciencia e o método científico para protexer o medio ambiente. Proponse a realización de estudos e investigacións científicas e accións directas sobre o medio destinadas a resolver problemas ambientais nos nosos ecosistemas, preservar a nosa empobrecida biodiversidade, loitar contra o cambio climático, evitar a destrución de hábitats e usar as ferramentas da ciencia para preservar os nosos ríos, montes e praias.
Neste segundo taller aproveitando o bo tempo traballamos o bancal de aromáticas. O primeiro paso foi limpalo. A continuación e tras encher o composteiro habilitamos outra zona de compostaxe ao aire libre.Plantamos bubos, pensamentos e novas aromáticas.
Aproveitando a celebración do Samaín e do magosto celebramos o " Samagostín ",un roteiro polo monte á beira do colexio. Coa axuda de toda a comunidade educativa fíxose posible a preparación do terreo,as probas e finalmente o asado das castañas. Para rematar a actividade tivemos á asociación O Coto que se encargou da parte musical. Premendo na imaxe podedes ver toda a actividade .
Comentarios
Publicar un comentario