Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2025

VISITA AO XACEMENTO ARQUEOLÓXICO DE TORALLA

Imagen
  O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º visitaron o Xacemento Arqueolóxico de Toralla. Trátase de residencias unifamiliares dotadas, na súa Pars Urbana ou doméstica, de elementos de luxo e prestixio que nos permiten facernos unha idea clara achega do elevado status socioeconómico do que gozaban os seus propietarios. Pero estas Villae non só eran grandes e luxosas residencias da elite Galaico-romana do momento, senón que xogan un papel capital na explotación dos recursos económicos do territorio. Todo parece indicarnos que o seu parte produtiva centrouse no gran negocio do Vigo Romano: a obtención de sal e a conserva do peixe en salgaduras para a súa comercialización.

TALLER DE FILLOAS

Imagen
Os nosos avós da Asociación O Coto ensináronnos a cociñar este postre tradicional do entroido galego. Pasamos unha mañá estupenda. Moitas grazas por compartir a sabiduria da cociña tradicional!!!

PROXECTO "COCIÑEIROS". TALLER DO 1º CICLO

Imagen
 Despois de traballar durante meses no proxecto "Somos cociñeiros",o produto final non puido ser millor!!! Elaboraron o menú con cinco platos distintos,calcularon os gastos,foron á tenda a mercar os ingredientes e ofreceron un riquísimo menú degustación ás familias que acudiron a invitación.

CHARLA "O MONTE É VIDA"

Imagen
 O alumado de 5º e 6º tuvo unha charla medioambiental coa fin de impulsar unha participación activa e responsable fronte os incendios forestáis e darlles a coñecer a importancia da función productiva, ambiental e social do monte fomentando o respeto  pola natureza.

NOVO TALLER CON XARUMA

Imagen
Hoxe tivemos outa sesión de horto con Xaruma prantando tomates, leitugas ,sandias....preparando as próximas colleitas!!!!

DÍA INTERNACIONALDA NENA E A MULLER NA CIENCIA

Imagen
Para conmemorar o día internacional da nena e a muller na ciencia, tivemos a visita de tres científicas da Universidade de Vigo, a desenvolver uns obradoiros sobre nanopartículas. Pasámolo moi ben sendo químicos por un intre.  

DÍA DA CANDELORIA

Imagen
O día da Candeloria celébrase no 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno,no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinocio de primavera,no momento en que medran os días e a antureza comeza a preparar o estourido de vida que está  a chegar. A partir da Candeloria,ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza,na cultura popular, cunha celebración ben especial,xa que casan os paxariños,comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral.