Neste segundo taller aproveitando o bo tempo traballamos o bancal de aromáticas. O primeiro paso foi limpalo. A continuación e tras encher o composteiro habilitamos outra zona de compostaxe ao aire libre.Plantamos bubos, pensamentos e novas aromáticas.
Este ano no cole imos realizar diferentes obradoiros ao longo do curso e para comezar imos ser...COCIÑEIROS E COCIÑEIRAS!!!! Estade atentos/as para coñecer o noso produto final.
O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º visitaron o Xacemento Arqueolóxico de Toralla. Trátase de residencias unifamiliares dotadas, na súa Pars Urbana ou doméstica, de elementos de luxo e prestixio que nos permiten facernos unha idea clara achega do elevado status socioeconómico do que gozaban os seus propietarios. Pero estas Villae non só eran grandes e luxosas residencias da elite Galaico-romana do momento, senón que xogan un papel capital na explotación dos recursos económicos do territorio. Todo parece indicarnos que o seu parte produtiva centrouse no gran negocio do Vigo Romano: a obtención de sal e a conserva do peixe en salgaduras para a súa comercialización.
Comentarios
Publicar un comentario